sábado, 10 de marzo de 2012

Corazón Esnaquizado.



Para non sentir. 
Para non chorar. 

E si. 
Poida que se me 
Desencaixe o rostro. 

Ao velo. 
Afogado 
Nun vaso d´auga
Nunha fría noite
De inverno. 

So a mesa 
Da cociña. 

A mesa
De mármore
Núa. 

Pero que máis da?
Non se trata de sufrir?

E seguirei
Visitándoo 
Tódalas noites
Sonámbula. 

Trala luz eléctrica 
Do frigorífico. 
En pixama. 

Medianoite. 

Canta o galo. 

O corazón 
esnaquizado.

domingo, 4 de marzo de 2012

A Madeira Rezuma Sangue.


Elefante rosa
Que non voa.

Rompeu o vaso.
Tireino eu.

A madeira
Rezuma sangue

De cristal.

Agonizo,
tralo esternón.

Extírpame
O
Corazón.

Anacos de cristal
Fan mella nel.

A piques estou
De cuspilo
Sen temor.

Ensíname
A
Voar.


viernes, 2 de marzo de 2012

Pel, cravos e un martelo.



Pel.
Corteza
De árbore
Podre.

Exoesqueleto
Dos meus
Sentimentos.

Crávame.
Atravésame o esternón,
E crávame.

A mesa,
Na que tomas
O almorzo cada día,
É de madeira.

Pregúntome,
Se comes
Todos os días
Enriba de min.

Tanto ten.
Esgotáronse
Os cravos.

O martelo,
Enferruxou.

jueves, 1 de marzo de 2012

Melancolía do Absurdo.

Absurdo.
                
Encérrome na melancolía
                       do absurdo.

Insomnio.

Noites enteiras

Buscando o ronsel
                              Da tua pel.

Baixo as miñas unllas.

Petrificados
                    Os teus epitelios.

Cinzas do teu
Ardente
                Corazón.

Abrín unha laranxa
                               Á metade.

Estabas ti.

Pequeniña.

Agardando
Entre as
               Subdivisións.

Mergullada
no ácido
                 Cítrico.


¡Incremento no prezo
                                   da laranxa!
                
-Berra alguén dende a rúa-.


miércoles, 29 de febrero de 2012

Escada de Caracol.


Ruxir
de sons de vidro.

             Campás mortas.


Deslizándome
Na beirarrúa
                   
                    Do teu nome.

No chan;
Unha bolboreta
                           Morta.

Os meus dedos
Tinguidos
                        De pó.

Sentenciada
A vagar,
       
               Por sempre

Nos chanzos
Desta laberíntica

                  Escada de caracol.


martes, 28 de febrero de 2012

Cinzas, no selo dos teus labios.


Podería falar
E romper este silencio.

Podería facer tantas cousas
Que nunca fago.

Podería bicarte.
Mesmo ata chorar.

Podería…

Mais pérdome
Nun eco.

Nunha algarabía
De mil ollares.

O teu silencio,
Calou
no meu esqueleto.

Os ósos,
Pouco a pouco
Tornan secos.

Cinzas,
No selo
Dos teus labios.

lunes, 27 de febrero de 2012

Polo Éxtase da Dor.


Voz grave,
Pupilas dilatadas.

Sei que non me queres.

Deséxote en silencio.

Frío.
Náuseas.

Ódiote.

Sabes?
Quérote tanto!

Cando camiño
Arrinco rosas
Dos rosais.

E fantaseo.

Penso en ti.

Penso en min.

Pero entón,
Comeza a chover.

E a rosa mollada,
Cae ao chan
Ensanguentada.
                                                         

E os meus ollos,
Voltan envelenados
Polo éxtase da dor.