sábado, 7 de abril de 2012

Cada-leito.


O lapis
Enmudeceu.

E o grafito
Desintegrou.

A fin de contas
O diamante
Non é máis que
Carbón.

Carbón puro.

E eu…
Queimeino.

Para verte arder
Entre as lapas.



Polas noites,
Acompáñanme os
Teus doces
                Alaridos.

De
Agonía.


E
Non
Quero
Pechar o caderno.

Non
Quero
Queimalo.



Alguén me dixo
Algunha vez
Que me corroe
( a piromanía)

Mais eu
Non quero oila.



                                    ( Á seguinte noite
                                    Morreu calcinada
                                    No seu

                                               Cada-leito)


Xeración espontánea.


Unha xeración espontánea
De corvos de ollos ensangrentados
Xorde a través dun Xéiser.

Formados a partir
De

carne
              Morta.
Carne
            Túa.

E eu,
Cun desaparafusador
Na man.

Mais non existe
Un parafuso.

Pechei o buraco
Cun candado
                       
                           Etéreo.

Non resistirá.

E os corvos
Acudirán a
Peteirarme as
Entrañas.

Roubándome anacos
Da miña integridade.

Arrincándome
A miña corporeidade.

Pecha os ollos
E berra
Para os teus adentros.

Mátaos dende
O seu corazón.

Rebéntallelos órganos
Con gas mostaza.


Reducidos outra
Vez a




Carne
Morta.


 
                

                           Carne
                           Podre.


viernes, 6 de abril de 2012

Das diversas casas, e as súas fachadas.


Sempre que paseo soa, ou acompañada, polo pobo, dou en matinar no mesmo.
Pregúntome o por que da localización das portas principias das casas.
Para min, o máis lóxico sería que estivesen situadas na parte traseira.
A razón, é moi sinxela:
Cando vas entrar nunha casa descoñecida, falo a través dunha fachada,
*(Fachada: Aspecto EXTERIOR dunha persoa, apariencia) sen saber o que che agarda.
Unha fachada escura, non che adianto un fogar tenebroso, nin unha branca, garante un fogar limpo e pulcro.

Un día, nun dos meus paseos nocturnos habituais, decateime dun feito radical.
Ía camiñando paseniño por un angosto pedregal, cando alcei a vista,  e caín na conta.

As partes traseiras das casas, son como pasos de transición, como un buraco aberto, dende o cal podes averiguar tódolos segredos, que, instintivamente se agochan trala fachada principal.


En tan só un ollar, a miña pregunta respostada, e a miña curiosidade, tapada.

Pero logo, nun postanexo, decateime dun detalle crucial.

Neses segundos, nos que permanecín alí, diante daquela casa, expectante, sentinme coma unha intrusa.

Sería unha intrusa, por non querer ter ideas preconcibidas?

Poida…que quizais fose así, e me estivese a inmiscuir na propia intimidade allea.
Pero…non aturo os prexuízos!
Non son quen de opinar sobre un fogar, baseándome na súa fachada.
Dame náuseas, prodúceme arcadas!
Contraponse aos meus principios. 

jueves, 5 de abril de 2012

Unha Carta Poética de Napalm para A Querida Claudia.


Boas señorita Claudia cor azul celeste, tan absurdas son estas verbas como a conciencia da que me xorden, tan absurda coma o mundo no que repousa dita conciencia, esperando saír do seu cárcere material e expectante a calquera futuro incerto máis aló desta incerta vida.

Remítome ao pronome persoal da segunda persoa do singular en forma de cortesía porque unha de dúas: ou vostede minte (ou no seu defecto, esaxera), ou vostede estame mandando morrer agora mesmo (ou no seu defecto, debería ter estado nun hospital fai un tempo). A falta de vida metafórica para un corpo empírico fai que a conciencia do devandito corpo pense que as palabras que escollín sexan as máis apropiadas para a ocasión, pois os devanditos corpo e conciencia son meus, é dicir, son de Ego, e Ego é Napalm Hart, como podería ser Joe Pontevedra ou un absurdo pseudónimo apropiado a cada situación dun Ego absoluto, pois os que lle nomeei a vostede son algo así como egos parciais (supoño, non estou moi seguro).

Tralas dificultades que ocasionan estas complexas descricións teño un poema para você:

Señorita Claudia
cor azul celeste,
desprendendo
o arrecendo
dunha rosa que
endexamais existiu,
porque non hai hoxe
nin mañán,
só un presente estado anímico
que se expresa en cores
como se expresa
o motor dun coche.

Só dúas persoas
e un saúdo
e un adeus.

miércoles, 4 de abril de 2012

Fenómenos Anti-Naturais.


Déixome levar
Polo Big Bang
Das túas concas
Ocas.

Ata un buraco
Negro baixo a
Séptima costela
Verdadeira.

E será cousa do
Efecto invernadoiro.

Pero o certo é
Que sinto como
               morro.

Mareo,
coas túas
Pernas sísmicas.

E, a piques
De afogar estou
No maremoto
Das túas bágoas
(ausentes).

Anegado,
O meu tórax.

Ósos,  húmidos
Dun maná, que
Nunca chegará.

Agora tremo
Pola saraiba
Da túa voz.

Ocúltome na
Invisibilidade das
Mantas invernais.

Agardando,
O estoupido
Dos meus dentes.



Que as ratas cheguen
a roer
         (e mastigar)
Anacos
do meu cerebelo
morto.

Suicidado
nun furacán
emocional.

Logo:
Pandemia.

Dor e luto
Cardiovascular.

Queixumes
Sobrenaturais.

Agonía
Psicosomática
En plural.


martes, 3 de abril de 2012

Hemorraxia interna-cerebral.


Morro, na
Anorexia do
Silencio.

Asqueado pola
Hipocresía das
Túas costelas.

Na oitava
Morro, e
Ao terceiro
Día
Resucito.

¿As outras
dúas?

I-ne-xis-ten-tes.

Son unha tribo
Asentada no
Val do teu
Esternón.

E con sixilo,
Agardo a
Estelar aparición:
O hipo
Coma sempre,
Hipocondríaco.

Pra
Asasinalo.
A
Sangue
Fría.

Cun
Golpe
Seco.

O preciso
Movemento  
Pra esnaquizarte
O
  Tórax.

E afogar
Nunha hemorraxia
Interna.


Cerebral.

                                                                               ( A negra plastilina,
                                                                               Testigo principal
                                                                               Do asesinato.

                                                                               Hora de la muerte:
                                                                               00.00.

                                                                              A morte do meu
                                                                              Corazón )


Unha conversa calquera.


Pregúntome
Cantos mortos
 haberá baixo
a miña cama.  

Guiándome polo
Po óseo calculo
Que debe de haber
Unha trintena.

Penso nas súas
Vidas.

En quenes serían
As súas parellas.

Farían o amor
Nesta mesma cama
Onde agora escribo?

Cantas bágoas
Humedeceron
Estas madeiras?

E se o fixeron,
Cantas veces?

Sería a muller
Multiorgásmica?

Ou tería o home
Disfunción eréctil?

Tanto dá,
Creo que vou
Deixar de escribir.

S...

                                                                                                (Extracto dunha conversa
                                                                                                 dun día calquera, 
                                                                                                 a unha hora calquera, 
                                                                                                 contigo)

Bágoas de crocodilo post mortem.


Ás veces, as bágoas de crocodilo resultan doces, ou ben amargas e acedas.
Mais a maioría das veces, non posúen sabor nin textura.
Alomenos a min resúltanme insípidas.
Creo, que lles teño alerxia.
O sábado pasado, quedei na casa, só.
Quedei vendo un programa moi interesante.
Tratábase dunha competición de caza de crocodilos, alá, ao norte de América.
Foi unha experiencia moi agradable e didáctica.
Penso que se agora me abandonasen nun pantano de Atlanta, ou dun estado calquera de Norteamérica, sería quen de sobrevivir, a base de cazar crocodilos, pero non crías, senón enormes crocodilos de tres metros.
E, gardaría as súas bágoas post mortem, en frasquiños, pra logo, experimentar con elas.
.
.
.
Contigo.


lunes, 2 de abril de 2012

Dimo.


Se me queres,
Dimo.

Nun solo de saxo
Ou nunha noite
Estrelada.

Pero dimo.

Xa esquecín
As conxugacións.

Pleurer pra min
Non ten sense.

-Je t´ aime
Mon amour.

Mais xa é tarde.
1ª p. sing. do
Vbo to hate.

-Arrivederci
       Darling-


Epicentro.


        I

Agochei a primavera
Nun pulmón.

Os epitelios
Recubertos de
Pole.

Dos alvéolos
Xorden árbores
(Frutais).

Florecen pouco
A pouco
Dentro de min.



      II

No outro,
Escondín o ceo.
Enteiro.
Azul.



      III

Polas noites
O meu corpo
Convulsiona.

Ceo e primavera
Unidos nunha
Loita común.

Contra min

Loitan
Por abandonarme.

Obrigados a vivir
No exilio
Do meu corpo.

Inmigrantes
Nos teus tóxicos
Pulmóns.

A piques de
Expirar.

Nun último
Murmurio
Teu.

Nun pequeño oco
No epicentro
Dos teus
                Beizos.


Xugular.



Os meus pulmóns,
Baleiros.

Contracción do
Inexistente.

Sobredose de
Osíxeno.

E adrenalina,
Moita adrenalina.
10 mm cúbicos
Directos ao
Corazón.

Baléirame

                 A
             
                     Mordiscos.

Tingue os teus beizos
       Coa sangue
                          Do meu
       Corazón.


Arríncame as veas,
E quizais tamén
            As





       Arterias

                  Coronaria
              E
Ahorta.



De sobremesa:
A XUGULAR



viernes, 23 de marzo de 2012

Da vida e as cores pertinentes.


Pérdome
No reverso
Dunha folla.

   
          -Verde-


Búscome
No despexado
Do ceo


           -Azul-


Tacto áspero.
Frío invernal.
Rúas molladas
E   

          -Escuras-


Tócame.
Eu tamén son
Áspera?


Dime,
Son grises
As miñas rúas?


jueves, 22 de marzo de 2012

De 20 minutos.


Polas noites.
Tezo.
En silencio.

Preto da fiestra.
Para ver as estrelas.

E a tenue luz
Debuxa
Sombras
Na miña pálida tez.

Prendo a radio,
Shhh.
Baixiño.
Non me vaian oír.

Entón
Os meus dedos
Comezan a moverse
Ao ritmo
Da melodía.

Bailan
Arredor das agullas.
Móvense ao longo
Dos fíos azuis
(E amarelos).

Enlazo fíos melódicos.
Verbas frías.
Verbas ocas.
E a un mesmo tempo,
Verbas doces.

Pero xa non sei.
Se a lá
É cóncava,
Ou convexa.

Interferencias na radio.
Volto sumirme
nun silencio.

Apago a luz,
Mais non pecho a fiestra.




Enriba da cadeira
Xacen mortos
Os meus versos.

A espera
Dun día novo,
Dunha nova noite.

A espera,
Dunha nova vida
De vinte minutos.


martes, 20 de marzo de 2012

"El sol se esconde, porque le asusta la oscuridad"

                                         
                                                
                                               Dedicado a la paradójica dama, Alba de Camus. 

sábado, 17 de marzo de 2012

Onomatopea.


        I 

O tic
        tac
Do teu
Reloxo
No meu peito.

E o boom
               boom
do teu corazón
Na mina cabeza.

Son as doce,
E no reloxo
De parede,
Inquedo
canta o cuco.

Cucú
        Cucú.

 Faime cóxegas.

Cucú
        Cucú.
    

       II

¡Kaboom!

E o reloxo
No meu peito
Rebentou.

Ping
       Ping.

Gotas do meu
Sangue
Bañan o teu pulso.

Baleiro.
Exento
Do reloxo.

Cadáver.


As paredes

Supuran carne.
         
         humana.

O teito

Descende
Ata o meu
Corpo..

Inerte.

Sen vida.


Caro Data Vermibus 


Carne putrefacta.


Po óseo
Ensanguentado.
                         

Sorriso Cardíaco.


            I

Sorriso cardíaco
Cando penso en ti.




Debúxote
No espazo.

Preto de Auriga.

No centro
Da garra de Orión.




Si, penso en
Ti.

No esgazado
Dos teus iris

Negros.

No rachado
Do teu…

Corazón.






           II

Mentres o bicaba
Nunha fenda,

Atopei unha
espiña.


E ao minuto
O corazón
Fíxose
esqueleto.

E entre
os meus beizos
calcinou.




     III

Déixame
beberte.

Tinguir

os meus
 beizos.

A miña
gorxa.

De
 ti.



jueves, 15 de marzo de 2012

Pra logo...comelos.


Pola noite
Arríncome a pel
             A tiras.

Para non sentir.
Para non sentirte.

E fágoo
Coa mesma
Indiferencia,
Coa que ti
Llela arrincas
A unha…
  Laranxa.

Pouco
a pouco.
Lentamente.
Unha tira
E logo outra.

Desfrutando
Cada segundo
          
           De dor.

Queres saber
Que fago
Con ela?

Gárdoa.

Gárdoa
En pequenos
Frascos.
Frascos de
Formol.

Etiquetados
Escrupulosamente
Co nome
De cada un
Dos sufrimentos.

Para logo…
…comelos.

Sabor doce
Da amargura
Esnaquizada.

Tódalas mañás
Almorzo o mesmo.
                                        
Veleno.

Pel.

A miña pel.