viernes, 23 de marzo de 2012

Da vida e as cores pertinentes.


Pérdome
No reverso
Dunha folla.

   
          -Verde-


Búscome
No despexado
Do ceo


           -Azul-


Tacto áspero.
Frío invernal.
Rúas molladas
E   

          -Escuras-


Tócame.
Eu tamén son
Áspera?


Dime,
Son grises
As miñas rúas?


jueves, 22 de marzo de 2012

De 20 minutos.


Polas noites.
Tezo.
En silencio.

Preto da fiestra.
Para ver as estrelas.

E a tenue luz
Debuxa
Sombras
Na miña pálida tez.

Prendo a radio,
Shhh.
Baixiño.
Non me vaian oír.

Entón
Os meus dedos
Comezan a moverse
Ao ritmo
Da melodía.

Bailan
Arredor das agullas.
Móvense ao longo
Dos fíos azuis
(E amarelos).

Enlazo fíos melódicos.
Verbas frías.
Verbas ocas.
E a un mesmo tempo,
Verbas doces.

Pero xa non sei.
Se a lá
É cóncava,
Ou convexa.

Interferencias na radio.
Volto sumirme
nun silencio.

Apago a luz,
Mais non pecho a fiestra.




Enriba da cadeira
Xacen mortos
Os meus versos.

A espera
Dun día novo,
Dunha nova noite.

A espera,
Dunha nova vida
De vinte minutos.


martes, 20 de marzo de 2012

"El sol se esconde, porque le asusta la oscuridad"

                                         
                                                
                                               Dedicado a la paradójica dama, Alba de Camus. 

sábado, 17 de marzo de 2012

Onomatopea.


        I 

O tic
        tac
Do teu
Reloxo
No meu peito.

E o boom
               boom
do teu corazón
Na mina cabeza.

Son as doce,
E no reloxo
De parede,
Inquedo
canta o cuco.

Cucú
        Cucú.

 Faime cóxegas.

Cucú
        Cucú.
    

       II

¡Kaboom!

E o reloxo
No meu peito
Rebentou.

Ping
       Ping.

Gotas do meu
Sangue
Bañan o teu pulso.

Baleiro.
Exento
Do reloxo.

Cadáver.


As paredes

Supuran carne.
         
         humana.

O teito

Descende
Ata o meu
Corpo..

Inerte.

Sen vida.


Caro Data Vermibus 


Carne putrefacta.


Po óseo
Ensanguentado.
                         

Sorriso Cardíaco.


            I

Sorriso cardíaco
Cando penso en ti.




Debúxote
No espazo.

Preto de Auriga.

No centro
Da garra de Orión.




Si, penso en
Ti.

No esgazado
Dos teus iris

Negros.

No rachado
Do teu…

Corazón.






           II

Mentres o bicaba
Nunha fenda,

Atopei unha
espiña.


E ao minuto
O corazón
Fíxose
esqueleto.

E entre
os meus beizos
calcinou.




     III

Déixame
beberte.

Tinguir

os meus
 beizos.

A miña
gorxa.

De
 ti.



jueves, 15 de marzo de 2012

Pra logo...comelos.


Pola noite
Arríncome a pel
             A tiras.

Para non sentir.
Para non sentirte.

E fágoo
Coa mesma
Indiferencia,
Coa que ti
Llela arrincas
A unha…
  Laranxa.

Pouco
a pouco.
Lentamente.
Unha tira
E logo outra.

Desfrutando
Cada segundo
          
           De dor.

Queres saber
Que fago
Con ela?

Gárdoa.

Gárdoa
En pequenos
Frascos.
Frascos de
Formol.

Etiquetados
Escrupulosamente
Co nome
De cada un
Dos sufrimentos.

Para logo…
…comelos.

Sabor doce
Da amargura
Esnaquizada.

Tódalas mañás
Almorzo o mesmo.
                                        
Veleno.

Pel.

A miña pel.


sábado, 10 de marzo de 2012

Corazón Esnaquizado.



Para non sentir. 
Para non chorar. 

E si. 
Poida que se me 
Desencaixe o rostro. 

Ao velo. 
Afogado 
Nun vaso d´auga
Nunha fría noite
De inverno. 

So a mesa 
Da cociña. 

A mesa
De mármore
Núa. 

Pero que máis da?
Non se trata de sufrir?

E seguirei
Visitándoo 
Tódalas noites
Sonámbula. 

Trala luz eléctrica 
Do frigorífico. 
En pixama. 

Medianoite. 

Canta o galo. 

O corazón 
esnaquizado.

domingo, 4 de marzo de 2012

A Madeira Rezuma Sangue.


Elefante rosa
Que non voa.

Rompeu o vaso.
Tireino eu.

A madeira
Rezuma sangue

De cristal.

Agonizo,
tralo esternón.

Extírpame
O
Corazón.

Anacos de cristal
Fan mella nel.

A piques estou
De cuspilo
Sen temor.

Ensíname
A
Voar.


viernes, 2 de marzo de 2012

Pel, cravos e un martelo.



Pel.
Corteza
De árbore
Podre.

Exoesqueleto
Dos meus
Sentimentos.

Crávame.
Atravésame o esternón,
E crávame.

A mesa,
Na que tomas
O almorzo cada día,
É de madeira.

Pregúntome,
Se comes
Todos os días
Enriba de min.

Tanto ten.
Esgotáronse
Os cravos.

O martelo,
Enferruxou.

jueves, 1 de marzo de 2012

Melancolía do Absurdo.

Absurdo.
                
Encérrome na melancolía
                       do absurdo.

Insomnio.

Noites enteiras

Buscando o ronsel
                              Da tua pel.

Baixo as miñas unllas.

Petrificados
                    Os teus epitelios.

Cinzas do teu
Ardente
                Corazón.

Abrín unha laranxa
                               Á metade.

Estabas ti.

Pequeniña.

Agardando
Entre as
               Subdivisións.

Mergullada
no ácido
                 Cítrico.


¡Incremento no prezo
                                   da laranxa!
                
-Berra alguén dende a rúa-.