sábado, 25 de febrero de 2012

Alta tensión, no meu cerebro.


A lavadora non responde
E cando durmo
Na inmensidade da noite,
Os enchufes berran
( da dor ).

Berran
Até provocar
Náuseas electromagnéticas.

A nova era
Revolucionada.

Baixo a mesa da cociña
Habito
 atormentada
Pola miña propia torradora.

Non.
Renego desta vida radioactiva.

Só quero un raio de sol.

Manter longas conversas
Coa lúa e o universo.

Non quero falarlle
A un cableado.

Hai anos xa
Que afoguei o teléfono,
Nunha lagoa
Do meu pensamento.



As miñas neuronas,
 Calcinadas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario