jueves, 15 de marzo de 2012

Pra logo...comelos.


Pola noite
Arríncome a pel
             A tiras.

Para non sentir.
Para non sentirte.

E fágoo
Coa mesma
Indiferencia,
Coa que ti
Llela arrincas
A unha…
  Laranxa.

Pouco
a pouco.
Lentamente.
Unha tira
E logo outra.

Desfrutando
Cada segundo
          
           De dor.

Queres saber
Que fago
Con ela?

Gárdoa.

Gárdoa
En pequenos
Frascos.
Frascos de
Formol.

Etiquetados
Escrupulosamente
Co nome
De cada un
Dos sufrimentos.

Para logo…
…comelos.

Sabor doce
Da amargura
Esnaquizada.

Tódalas mañás
Almorzo o mesmo.
                                        
Veleno.

Pel.

A miña pel.


No hay comentarios:

Publicar un comentario