lunes, 2 de enero de 2012


Perdinme no fío da tua voz.
Con el fixen
Mil e unha prendas.
Que agora no frío inverno poño,
Un xarsei de fina lá tecín
Xarsei azul.
Xarsei melódico.
Ti sabes a que sabe a lá?
Sabe á tua voz.
Sabe á doces caramelos.
Sabe a fresco despertar pola mañá.
Sabe a cabelo ao vento.
Sabe a ti.
O frío iráse.
E a calor voltará.
Non temas.
Eu seguirei amándote.
Por iso,
Donde antes tecín xarseis,
Agora hai finos velos. 


  Quérote.
Tan fácil de dicir.
Tan fácil de pronunciar.
Nunca unha verba
Tanto sentimento gardou.
E máis agora.
Non, non só son letras.
Son sangue.
Son bágoas.
Son agarimos.
E son ollares.
En cada frase,
En cada alento.
En cada un deles.
Eu te quero.
E dígocho.
E direicho por sempre.
Non se esgotarán.
Non hei cansar.
Pois sempre te hei amar.

 Se as ondas do mar
Veñen ou van
Non o sei.
Non sei se nos mira a lúa
Non sei se está núa.
Se chora ou ríe.
Sei da túa voz.
Só sei dela.
E xa me chega.
Pois só preciso dela.
Ela move o meu corazón,
E derrúe a razón.
Tanto ten.
Se o tempo pasa.
Se o mundo xira.
Se o mundo para.
Tanto ten.
Pois teño a tua voz.
Nunha bola de neve.
Téñoa gardada.
E cando se vaia o inverno.
Ela non se irá.
Ela quedará.
Quedará comigo.
Quedará.
Pois se a sua voz se vai.
O meu corazón derrete.
Preciso dela,
Para mantelo vivo.

Teño frío.
Mais sei que ti estás moi lonxe.
Que non has vir,
Para quentarme coa calor do teu corpo.
Sei que non me has poñer un brazo polo ombreiro.
Sei que non me has bicar, para que cale o meu lamento.
Seino, mais non o acepto. 

Sae o sol.
O mundo dorme.
Ti es a única esperta.

Pasei toda a noite mirándote.
Non o podo evitar.
És tan fermosa durmida.

Toda a noite soñando esperta.
Soñando cos teus beizos.
Cos teus ollos amendoados.

Sei que debería durmir.
Mais non son capaz.
A túa beleza,
Impídeme actuar.

 
Asubío para aquí,
Tres horas ao volante.
Asubío para alá.
Soa a radio.
Paisaxe desértico.
Abafo da calor.
A misma merda de sempre.
Iluso emprendo un largo camiño.
Sabendo que outra vez,
Me has rexeitar.
Voltamos á mesma merda de sempre.
Ámote,
E ti cúspesme enriba.
Vai tomar polo cú. 

A lúa vai e ven,
Mentras ti,
Tocas eses fermosos acordes.
Vaise cando paras.
E volve cando cantas.
Quérete a ti.
Quere a tua voz.
Vai e ven.
Ven e vai.
Ámote.
Queda comigo.
Queda por sempre.
Ámote.
Esquece as súas mans.
Bícame a min.