lunes, 2 de enero de 2012


 Se as ondas do mar
Veñen ou van
Non o sei.
Non sei se nos mira a lúa
Non sei se está núa.
Se chora ou ríe.
Sei da túa voz.
Só sei dela.
E xa me chega.
Pois só preciso dela.
Ela move o meu corazón,
E derrúe a razón.
Tanto ten.
Se o tempo pasa.
Se o mundo xira.
Se o mundo para.
Tanto ten.
Pois teño a tua voz.
Nunha bola de neve.
Téñoa gardada.
E cando se vaia o inverno.
Ela non se irá.
Ela quedará.
Quedará comigo.
Quedará.
Pois se a sua voz se vai.
O meu corazón derrete.
Preciso dela,
Para mantelo vivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario