viernes, 4 de noviembre de 2011

Quérote,
E quérote por como es.
polo simple feito,
de que non es,
 o que nunca serás.
Polo feito,
 De que non aparentas ser,
Quen  non queres ser. 
Acordes que me traen á memoria
Recordos dunha vida pasada.
Un conto de fadas, que chegou ao seu fin.
A melodía, dun mundo pasado.
Un mundo, que xamais voltará a ser o mesmo.
Unha vida, perdida na lagoa dos esquecidos.

Streets of Philadelphia.

Boto en falta aquelas noites, de pura relaxación.
Escabulirme do meu fogar, da vida mesma.
Por un momento, deixar de existir.
Camiñar e camiñar, ata moi lonxe chegar.
Imaxinando unha vida paralela.
Mirando ao horizonte
Enchendo os meus pulmóns dun aire contaminado
Contaminado de Ledicia.
Preto de min, atópase o mar,
o seu leve murmurio profundiza cara a miña alma.
E entón, tomo unha sabia decisión.
Tirome ao mar.
E deixarei que as ondas do mar,
Me leven, a donde queira que sexa que  deba ir. 

jueves, 3 de noviembre de 2011

Obstáculos.

No califiques a los obstáculos
Como problemas.
Obstáculos,
Eso es lo que son.
Desafíos que debes vencer.
Confía en ti.
Sé optimista.
Si lo ves todo oscuro
Jamás vencerá la luminosidad.
Haz de lágrimas
Alegría.
Da un paso hacia el futuro,
Y vive la vida
Como buen soñador
De este viaje sin guía.
No pierdas la esperanza
Siempre habrá algo
Por lo que soñar.
Alguna razón
Por la cual continuar.
No des por terminado tu viaje
Pues, aún te queda mucho por andar.

Nada.

Es ti quen me embelesa
Nas fermosas noites de lúa chea.
Es ti quen me adormece
Cos teus doces murmurios
Aloumiñando a miña pel.
Os teus tenros agarimos
Fan levadeira a miña vida.
Fan que a noite
Sexa o meu día.
Pois, que sería eu sen ti
Fermosa noite?
Nada, dixo ela. 

Emblema.

Hoxe tingiuse a lúa de vermello.
Sinal de protesta polo teu falecemento.
Sen ti, a lúa comeza a minguar.
Desfaise en delicadas gotas de sangue
Que verte a todos os mares.  
Como xoias que danzan
Nun mar de penumbra e soidade.
A lúa, era un claro emblema
Do meu amor por ti.
Pero agora que ti xa non estás
Vai voltar a chorar. 

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Baleiro apracible.

Adoito camiñar soa, de noite polos cemiterios.
Gústame esa sensación de soidade.
É un baleiro apracible.
O lugar idílico para poñer á orde do día os meus pensamentos.
Para facerlle unha radiografía enteira ao meu espírito.
Alí, sumérxome nas  turbias augas da miña mente.
Ninguén me pode molestar estando alí.
Sinto a necesidade de ir.
As veces que vou, é para atopar algo.
Xa sexan, sentimentos que mantiña agochados, no fondo da alma.
Ou ben, novos pensamentos que me rondan a cabeza, e preciso de aclarar. 
Pode que isto sexa un tanto estraño.  Mais ben, ata eu mesma admito que é demasiado peculiar.
Nembargantes, penso que se unha persoa é peculiar, o mesmo feito de selo, conleva  unhas accións peculiares e insólitas.