miércoles, 2 de noviembre de 2011

Baleiro apracible.

Adoito camiñar soa, de noite polos cemiterios.
Gústame esa sensación de soidade.
É un baleiro apracible.
O lugar idílico para poñer á orde do día os meus pensamentos.
Para facerlle unha radiografía enteira ao meu espírito.
Alí, sumérxome nas  turbias augas da miña mente.
Ninguén me pode molestar estando alí.
Sinto a necesidade de ir.
As veces que vou, é para atopar algo.
Xa sexan, sentimentos que mantiña agochados, no fondo da alma.
Ou ben, novos pensamentos que me rondan a cabeza, e preciso de aclarar. 
Pode que isto sexa un tanto estraño.  Mais ben, ata eu mesma admito que é demasiado peculiar.
Nembargantes, penso que se unha persoa é peculiar, o mesmo feito de selo, conleva  unhas accións peculiares e insólitas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario