viernes, 4 de noviembre de 2011

Streets of Philadelphia.

Boto en falta aquelas noites, de pura relaxación.
Escabulirme do meu fogar, da vida mesma.
Por un momento, deixar de existir.
Camiñar e camiñar, ata moi lonxe chegar.
Imaxinando unha vida paralela.
Mirando ao horizonte
Enchendo os meus pulmóns dun aire contaminado
Contaminado de Ledicia.
Preto de min, atópase o mar,
o seu leve murmurio profundiza cara a miña alma.
E entón, tomo unha sabia decisión.
Tirome ao mar.
E deixarei que as ondas do mar,
Me leven, a donde queira que sexa que  deba ir. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario