miércoles, 28 de diciembre de 2011

Chorou...


A lúa chorou.
Ámate,
E ti nin caso lle fas.
Chorou.
E eu estaba baixo a choiva,
Cos brazos estendidos,
E as palmas das mans cara o ceo.
A lúa chorou.
Teño entre os meus dedos,
Bágoas da lúa.
Probeinas.
Saben a amor.
Cunha pizca de dor.
Esa dor,
Que ti lle provocas.
Ese amor,
Que en ela espertas.
A lúa chorou…
Dixéronme
Que mañá choverá.

martes, 27 de diciembre de 2011

Abrocho.


A miña vida
Nun abrocho en flor.
Abrocho perdido,
No fondo do foso das almas.
No bolsillo raído da miña chaqueta.
Vella chaqueta.
Esquecida nunha morea de roupa,
Xamais usada.
Podre coouse por un furado.
E atopouse co chan.
Esmagado.
A miña vida quedou esmagada
De tanto usala.

Sinto
Que ninguén me escoita.
Como se as miñas verbas estivesen ocas.
Pero tanto ten,
Seguirei falando,
Ata ver esgotarse as miñas forzas,
Ata que a miña lingua caia ao chan.
Ata que non poida escoitarme.
Xa nada me importa.
Sei facer do frío, a máis tenra calor.
A soidade, xa non é ninguén. 

RedHotMoon


A lua está vermella.
Sabes  o que isto significa?
Morte.
E despois paz.
Paz imperturbable,
E noites de soidade.

Iso din.



Din,
Que o cambio
É un progreso.
Iso din.
Pero xa non me recoñezo,
Iso tamén é un progreso?

Os meus beizos están descosidos.
O fío que os mantiña unidos, desapareceu.
 Desfixose coa choiva, dunha noite de San Xoan.


As ondas petaban nas rochas
Cunha forza sobrenatural.
As ondas do mar de Vigo,
Axitadas,
Falábanme dende o lamento.
As cunchas, da dor
Despégabanse das súas rochas.
As gaivotas atemorizadas,
Viraban e viraban,
E contra o mar, aterrizaban.
E eu, sentada
no cumio dunha rocha.
Dígoche, mar embravecido,
Ti non es quen,
Para facerme sentir adoecido.