martes, 8 de noviembre de 2011

Dónde?


De las sombras
Surgen tus besos.
De la penumbra,
Tus caricias.
Incluso tu aroma
De la oscuridad proviene.
Pero tú,
No sé de donde surges tú. 

Sangue doce.


Polas miñas veas
Circula chocolate.
Chocolate solidificado
Que imposibilita a miña circulación.
Non quero que me estoupe o corazón.
Axúdame
Proba o líquido que circula por elas.
Libérame desta cadea.
Bebe das miñas veas
Todo o que queiras.
Mellor
Se me deixas as veas baleiras.
Se mas deixas baleiras
Será mellor.
Pois non quero
Que me estoupe o corazón. 

Traizoeiras nubes.

O tempo pasa
E as nubes seguen a moverse.
O ceo,
Permanece impasivo
Contemplando tan monótono suceso.
Sen poder facer
Apenas algo.
¡Parade!
¡Parade xa!
Non quero que isto
perdure por moito máis.
Non aturo
Tan turbadora sensación.
Quero que se perdan no tempo
Nun bucle sen final.
Que un buraco negro
As leve por endexamais. 
A miña magoada cabeza
Comeza a marearse.
Non lograrei
Aguantar moito máis.
Este estado
De febrilidade
Acaba coa miña saúde.
¡Parade!
Pois témome
Que sexa eu quen desapareza.
Por sempre xamais.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Proba 1

Chove e a pedra pómez móllase, enchendo de bágoas ó sapoconcho que busca acougo na lúa.

Na lúa pétrea.
Pétrea-pómez.


(TRACY)

sábado, 5 de noviembre de 2011

Costa da Morte.


Chora a costa da terra
A escura costa,
O resollo do mar,
Trae connosco
O recordo dos esquecidos.
Os naufragados no mar.

Naquel intre,
Véxote ante min
fermosa beleza
da natureza.
E ao minuto seguinte,
Es ti mesma
 quen me fulmina.

Fortes ondas do mar
Que mo vindes a recordar.
Levádeme a min tamén.
Non me deixedes
soa co meu baleiro.
O mar, rouboume a ledicia.
Lévame a vida tamén.  
Non aturo
 este oco baleiro
no meu corazón.
que me lembra,
onde está
o meu mariñeiro.
Se tan valente fuches
Para* levar o meu querer.
Valente serás
Para* levarme a min tamén. 

Bágoas da natureza.


As xentes con présas e paraugas.
Non se paran a apreciar
Non comparten a melancolía da naturaza.
Repiqueteo das gotas de choiva nos adoquíns.
Ruido de botas, por aquí e por acolá
Todos ás presas
Todos ata arriba de roupa.
Todos, agás eu.
Ficaba soa
No medio da rúa.
Mollada completamente
Co paraguas fechado na man.
Gotas de choiva
Escorregan polo meu cabelo,
Pola miña frente
E impactan nas meixelas.
Continúan o seu traxecto
Descendendo polo meu pescozo.
Os anteollos empañados.
A miña respiración faise visible.
Isto, a isto lle chamo eu Ledicia.
Ao sabor da choiva nos teus beizos
Empapando o teu semblante.
Ao arrecendo a humidade
Que trae consigo a choiva abundante. 

viernes, 4 de noviembre de 2011

Violeta.

Algún día
 tereite que arrincar
Do solo ao que te agarras.
Desenterrar as túas raíces da terra,
E botarte a camiñar.
Pasarás de ser unha flor
Entre un millón
Nun campo a rebosar,
A unha fermosa violeta
Que forma parte 
dun precioso ramillete.
Alí destacarás.
No teu lar.
Por fin serás feliz
Poderás formar
o teu propio ramo,
un ramo singular.
Unha rosa negra.
Un gladiolo.
E no medio,
Alí estás ti,
Violeta.