viernes, 6 de abril de 2012

Das diversas casas, e as súas fachadas.


Sempre que paseo soa, ou acompañada, polo pobo, dou en matinar no mesmo.
Pregúntome o por que da localización das portas principias das casas.
Para min, o máis lóxico sería que estivesen situadas na parte traseira.
A razón, é moi sinxela:
Cando vas entrar nunha casa descoñecida, falo a través dunha fachada,
*(Fachada: Aspecto EXTERIOR dunha persoa, apariencia) sen saber o que che agarda.
Unha fachada escura, non che adianto un fogar tenebroso, nin unha branca, garante un fogar limpo e pulcro.

Un día, nun dos meus paseos nocturnos habituais, decateime dun feito radical.
Ía camiñando paseniño por un angosto pedregal, cando alcei a vista,  e caín na conta.

As partes traseiras das casas, son como pasos de transición, como un buraco aberto, dende o cal podes averiguar tódolos segredos, que, instintivamente se agochan trala fachada principal.


En tan só un ollar, a miña pregunta respostada, e a miña curiosidade, tapada.

Pero logo, nun postanexo, decateime dun detalle crucial.

Neses segundos, nos que permanecín alí, diante daquela casa, expectante, sentinme coma unha intrusa.

Sería unha intrusa, por non querer ter ideas preconcibidas?

Poida…que quizais fose así, e me estivese a inmiscuir na propia intimidade allea.
Pero…non aturo os prexuízos!
Non son quen de opinar sobre un fogar, baseándome na súa fachada.
Dame náuseas, prodúceme arcadas!
Contraponse aos meus principios. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario