lunes, 2 de abril de 2012

Epicentro.


        I

Agochei a primavera
Nun pulmón.

Os epitelios
Recubertos de
Pole.

Dos alvéolos
Xorden árbores
(Frutais).

Florecen pouco
A pouco
Dentro de min.



      II

No outro,
Escondín o ceo.
Enteiro.
Azul.



      III

Polas noites
O meu corpo
Convulsiona.

Ceo e primavera
Unidos nunha
Loita común.

Contra min

Loitan
Por abandonarme.

Obrigados a vivir
No exilio
Do meu corpo.

Inmigrantes
Nos teus tóxicos
Pulmóns.

A piques de
Expirar.

Nun último
Murmurio
Teu.

Nun pequeño oco
No epicentro
Dos teus
                Beizos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario