martes, 3 de enero de 2012

Frío, tedio e unha corda.


Mudeime ao teito da miña habitación.
Aborrecín da monotonía.
Dos intensos debates coas moléculas de pó, de embaixo da cama.
Tumbada no chan, o único que alcanzo a ollar, é  o intenso vermello do teito.
Teito, que de ser tan observado, comezou a carecer de sentido.
Convirteuse nunha barreira física. Impedíndome alcanzar o meu pequeño soño.
Observar as estrelas, deitada no chan. Sentindo o frío, pegado a miña meixela, que absorve a madeira  en pleno inverno.
Por iso mesmo, agora, mentras che transmito esta experiencia, estou pendurada no teito da miña habitación.

Aborrecín da beleza formal.


Arrincareime a pel a tiras.
Aborrecín da beleza formal.
Hai beleza máis aló de onde os nosos ollos chegan a ver.
Existen infinitos tipos de beleza..
E a máis importante, a que eu máis aprecio… é a que podemos observar se queremos.
A que poderíamos apreciar se quixésemos.
Por iso, tomei unha decisión.
Arrincarme a pel. Desgarrala se fai falla. Para que así, poidades observar a miña beleza interior.
A beleza que moi poucos se atreven a adiviñar.
O meu espírito, pegado ás paredes das arterias.
O doce amor, agochado tralos epitelios.

Beizos electrónicos


Indixestei coa comida que ti me preparaches.
Estaba tentando tomar unha cullerada máis.
Mais non era capaz.
O meu estómago rexeitábaa.
O meu metabolismo aínda non aprendeu a dixerir a dor.
Supoño que é moi novo aínda.
Ten moitos alimentos que probar aínda.
Pero ata a de agora. Fuches ti, o alimento máis ácido, que os meus beizos probaron.
Sei que me fas dano.
Que non debería probarte.
Mais, és peor ca o tabaco.
Hai libros pra deixar de fumar.
Existen os parches de nicotina, os chicles, e incluso os cigarros  electrónicos.
Pero, manuais de cómo aprender a dixerir a dor…Deses hai poucos, por non dicir ningún.
Non tiven noticias da existencia de chicles, ou parches, que che axuden a facelo.
Ou alomenos, algunha pilula que diminúa o malestar, ou tan só a sensación de estar pendendo dun fío ao baleiro.
Algo, tan só pido algo.
Uns beizos electrónicos, que posúan sensores de sentimentos, para bicarte no xusto momento, no que sintes que o fío, se vai desgarrar.
Pero non.
A vida empéñase en destruir o teu delicado estómago.
Pero sabes que che digo, miña rula?
Aprenderei a dixerir a dor que ti me produces.
Fareino.
Non deixarei que sexas ti quen me prohíba volver a probar outros beizos.

Efectos secundarios.


Dor intensa da fazula dereita.
Pois si. É un efecto secundario, señora.
Debe vostede, facerse un lavado de cerebro.
Sabe? Gran parte dos mobles da súa cabeza, están collendo térmites.  
Tamén é preciso que vaia vostede, facer un elctrocardiograma, xa que albisquei un gran aumento na velocidade dos pálpitos do seu corazón.
Corre perigo, a que lle dea un ataque de ipso-facto.
Sen decatarse, sen aviso ningún.
E sabe vostede, señora, a que pode ser todo iso debido?
A unha sobredosis de amor.
Xa sabe, para a próxima, procure ler o prospecto detalladamente; antes de automedicarse.

Ausencia.



O nó que ataba a caveira ao meu pescozo,
Estase desfacendo.
O fio que a suxeita, xa vai vello.
Teño medo.
Ela é a única que me agarima, nas frías noites de inverno.
Ela agocha a sua tenrura, no oco entre as miñas clavículas.
Aprecia a palidez da miña pel.
É quen me bica no pescozo, cando o preciso.



Gardando luto por un amor que morreu.


Por unha noite, serei como a avoa que tece chaquetas de lá, en silencio, para espantar o seu lamento.
Serei, como a muller, que pecha os ollos, para non ver o que está sucedendo.
Sereino.
Pero non porque eu queira.
Sereino, porque ti me obrigas a selo.



Unha noite
De inverno.
As tuas verbas
Chegaron aos meus oídos.
E a túa voz,
Afondou no meu corazón.
Ninguén antes o fixera.
Pero ti,
Descubriches esa parte de min.
A parcela do meu corazón,
Que dela nin eu mesma sabía.
A miña mente,
Os meus sentidos,
Danzando no aire,
Vanse co vento,
E volven coa tua calor.
A tua voz,
Os sons que brotan
dos teus tenros beizos.
Todos eles
Desafogan o meu corazón,
Anegado de lamento.
E atéigano de sentimento.
De amor e de dozura.