martes, 3 de enero de 2012

Beizos electrónicos


Indixestei coa comida que ti me preparaches.
Estaba tentando tomar unha cullerada máis.
Mais non era capaz.
O meu estómago rexeitábaa.
O meu metabolismo aínda non aprendeu a dixerir a dor.
Supoño que é moi novo aínda.
Ten moitos alimentos que probar aínda.
Pero ata a de agora. Fuches ti, o alimento máis ácido, que os meus beizos probaron.
Sei que me fas dano.
Que non debería probarte.
Mais, és peor ca o tabaco.
Hai libros pra deixar de fumar.
Existen os parches de nicotina, os chicles, e incluso os cigarros  electrónicos.
Pero, manuais de cómo aprender a dixerir a dor…Deses hai poucos, por non dicir ningún.
Non tiven noticias da existencia de chicles, ou parches, que che axuden a facelo.
Ou alomenos, algunha pilula que diminúa o malestar, ou tan só a sensación de estar pendendo dun fío ao baleiro.
Algo, tan só pido algo.
Uns beizos electrónicos, que posúan sensores de sentimentos, para bicarte no xusto momento, no que sintes que o fío, se vai desgarrar.
Pero non.
A vida empéñase en destruir o teu delicado estómago.
Pero sabes que che digo, miña rula?
Aprenderei a dixerir a dor que ti me produces.
Fareino.
Non deixarei que sexas ti quen me prohíba volver a probar outros beizos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario