lunes, 12 de septiembre de 2011

O Don, de Saber Escoitar.




Vexo deslizarse ante min, as pingas de auga, por unha ateigada fiestra pechada.
Reconfórtame ollar para elas, seguir o seus regueiros coa miña mirada, ata velas desaparecer, diluirse nunca mancha común, á que denominamos poza.
Analizo os seus recorridos, uns recorridos incesantes. De arriba veñen, e para abaixo van. Ningunha se para, todas elas escorregan, ata decirme adeus.
¿Por qué?. Iso non o sei. Ninguén o sabe. E ao mesmo tempo, todos o sabemos.
Unha sensación de melancolía, apodérase de min.
Vexo, todas esas numerosas pingas, que chegan, e pasan ante a miña ollada, insignificantes.
Sen un motivo mais, que para escorregar pola miña fiestra.
Pero, non , non mo podo crer. Algún motivo mais teñen que ter, non pasan por pasar, négome a crelo.
¿A onde irán a parar todas elas?
Xa o sei, a un fochanco cheo doutras semellantes. Pero non, non me refiro a iso…
Ti non me entendes, e non cho podo explicar.
Tereime que conformar, ou senon, sempre terei a opción de preguntarllo a unha delas.
Malo será que ningunha me responda, ¿non cres?.
Ben, agora é o momento, vexo a unha moi xeitosa. Alá vou, deséxame sorte, e deséxalle a ela, o don de saber escoitar



No hay comentarios:

Publicar un comentario