martes, 20 de septiembre de 2011

Sobor da area.


Mírote aos ollos,
E pérdome no teu mundo,
No noso mundo particular.
O noso paraíso idílico.
Nada me importa cando estou contigo,
Pois tan só me importas ti.
Só Quero verte a ti.
Tan só te Quero a ti.
Pois ti, es a miña razón de ser.
Os teus fermosos ollos dominan o meu ser.
Ao seu antollo manipulan os meus sentimentos…
Aquel refulgor especial…
Cando neles aparece,
Perdo a razón,
E pérdoa por ti, meu ben.
Porque contigo non preciso dela
Contigo soño,
Voo,
Imaxino,
Sonrío…
Porque contigo son feliz.
Véxote aparecer entre as brumas da noite,
E esbozo un sorriso, un sorriso para ti.
O teu andar,
O teu cabelo ondeando ao vento,
Xunto co vaivén do teu corpo ao camiñar…
E ese cegador sorriso da cor do nácar…
Son as razón da miña vida,
Os motivos polos cales sigo aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario