sábado, 22 de octubre de 2011

Aquel fermoso recordo...


Cabeza ateigada de fermosos recordos.
Recordos dunha infancia feliz.
As rúas molladas, o frío na cara, os abrigos e a roupa acolchada.
Os rapaces, xogando na rúa, correndo, saltanto, cantando, sorrindo.
O ceo despexado.
Ese cheiro a humidade, que fai crecer en min, aquel sentimento de morriña, que tan apartado xa tiña.
Eu soa, no alto da ponte, estase a facer de noite. Os farois, xa están acesos, a escuridade comeza a envolverme.
Eu déixome levar, déixome desaparecer. Fúndome coa naturaza, o vento, forma parte da miña beleza.
Recordoo con moita certeza. Lembro todos os pensamentos, que danzaban na miña cabeza.
¿Como non me hei de lembrar? Se foi, o momento no que coñecín, o sentimento, chamado felicidade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario