miércoles, 19 de octubre de 2011

Cunca de té.

Atópome dando voltas.
Onde estou?
Isto é producto dunha abducción?
Leváronme os extraterrestres?
Estou no espazo,
Viaxando nunha nave de cuarzo?
Non,
Non albisco sinais de agresión.
a miña pel,
limpa e clara está,
ningún moco verde pegañento,
se ve dende a periferia.
Estou a salvo.
Estou na terra.
Pero espera…
Era isto o que querías?
Non!
 Non era isto o que eu quería!
Eu só quería,
 saír da estratosfera.
O meu soño
Dende que un rapaz eu era.
E agora sigo aquí,
Aínda estou aquí,
Ata cando durará
Esta situación que me enerva?
¡Oh!
Mira ti onde estou!
Dando voltas
nunha cunca de té!

No hay comentarios:

Publicar un comentario