martes, 18 de octubre de 2011

Crónicas dunha moeda.

Cando cheguei ás tuas mans,
Sentín a tua calor.
Durminme no teu pulso,
Ao carón dos teus latidos.
Durmía o meu corpo,
E o meu corazón espertaba.
Sentía as tuas caricias,
Que estremecían o meu ser.
Algo comezaba no meu interior.
Unha forza,
Que pretendía saír ao exterior.
Fuches ti,
Quen non a deixou.
Dicindo que eu para ti non tiña valor.
“Este non é o teu lugar”,
Foron as suas verbas.
Verbas,
Que incrementaron a miña paixón.
Abondas mans me tocaron,
Pero ningunhas,
Nada en min espertaron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario