martes, 27 de diciembre de 2011

Aborreceu e marchou.


Busqueite onte entre o xentío.  
Non estabas.
Facía moito frío.
A lúa aborreceu.
Aborreceu, e marchou,
Coma ti, marchou.
Deixoume soa,
Nun mar de xente,
Soa,
rodeada de melancolía.
mirando ao ceo, pensei en ti.
E quíxente por un intre.
O triste momento,
No que soboreei o amargo;
Dos doces de Nadal.
Agora pasou unha noite,
E segue a facer frío.
A lúa está entre o xentío.
Mais agora marcho eu.
Aborrecín de ti.
Da teu falso ollar de cadelo.
Dos teus bicos salgados
Por cumprimento.
Adeus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario