martes, 27 de diciembre de 2011


Recorro coa mirada a tua
Medula espiñal.
Pousando o meu ollar en cada vértebra
da tua columna vertebral.
E sigo subindo…
E chego ao teu pescozo.
A ese fermoso descampado branco
Que chama polos meus beizos a berros.
Tira deles coma un imán.
E consigue, que por unha noite,
Apousente a miña tenda de campaña.
E bícote
E os meus beizos quedan prendados.
De ti, da tua pel.
Da fragancia da tua branca pel.
Pero os días pasan,
Inexorables, fuxen á carreira.
E vou tras eles.
Tras eles vou,
E eles me levan onda ti.
Onda os teus beizos vermello paixón.
Próboos.
Saboreo a dozura.
Dilátanseme as pupilas.
Ensánchaseme o corazón.
Xa está.
Non hai volta atrás.
Xa tes cabida nel.
No meu corazón,
Xa hai un oco para ti.
Non lograrei,
De ti,
Nin dos teus beizos,
Despergarme xamais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario