martes, 27 de diciembre de 2011

Afogado no meu propio vaso de auga.


Sabes?
Este é o meu estado natural.
Un estado de desolación.
De estar no fondo do vaso afogado.
E ti estás ao bordo.
E non me queres axudar.
Nunha tempestade naufraguei.
E por culpa de Eolo afoguei.
Os peixes falábanme,
Mais eu non escoitaba.
Dicíanme que nadara.
Pero eu non me deixei.
As ondas do vaso de auga,
Puideron coa miña felicidade.
E agora estou aquí,
Nin vivo nin morto.
Cos ollos abertos
Véndote aló lonxe.
sorriso hipócrita
Ollando cara min.


No hay comentarios:

Publicar un comentario