viernes, 13 de enero de 2012

Árbore Cocainómana.


Mañá.
Mañá gustaríame espertar cedo.
E tomar unha bocana de aire fresco.
Anegar de saúde os meus pulmóns, que comezaban a resecarse.
Sinto como, no seu interior, os alvéolos comezan a botar raíces, no medio dos meus vicios.
E teño medo, non quero que se convirtan nuns cocainómanos do insalubre.
Non quero asasinalos cruelmente de sobredose.
Ademais…
A miña pel… xa comezaba a resentirse..
Onte mentras non existía…
Sentín como se derretía, deslizándose entre os meus dedos… escorregando ata formar gotas, pequenas gotas, que impactaban no chan…
Nos inmensos azulexos que me lembran partidas pasadas de xadrez…
Oh, un día destos, teño que voltar a xogar ao xadrez.
Unha vez, lin nun xornal, que a unha rapaza, creceulle unha pequena planta nun pulmón…
Ceos! Espero que non me pase o mesmo!
Non me gustaría que residise nos meus pulmóns unha árbore cocainómana, viciada a hábitos insalubres.
Non. Dende logo que non me gustaría.
Por se acaso, vou tomar como medida preventiva, deixar de beber auga…
Por mor a regar ese posible erro, fruto das miñas equivocacións.



No hay comentarios:

Publicar un comentario