sábado, 7 de enero de 2012

Das diversas formas que adopta o meu corazón, co paso do tempo.


A pel que recubre os meus dedos, a punto está de desaparecer.
Sobredose de sensibilidade.
Pupilas dilatadas máis do usual.
Becho.
Crece e crece, nunca ha parar.
Agoiros de explosión.
Sobredose de amor, nun pequeno corazón, da mesura dun garavanzo..
Máis unha década, nesta vida centenaria.
Nas paredes desta vermella e apetitosa mazá, comezan a xurdir pequenas fisuras.
Risco de fuga, alerta. As paredes do encoro, pronto poden rebentar.
Avecíñase unha oleada de auga estancada, que pode anegar esta pequena cidade.
Adoptouse como medida de protección, poñerse todos a cuberto.
Teñan a man, paraugas e chuvasqueiros.
Hanos precisar.
Os chapotacharcos de caucho vermello tamén son válidos.
Máis unha década engadida, a esta vida de cen anos.
 no peito teño unha sandía.
Sobredose de calor.
¡BUM! A presa rebentou.
Oleada de zume estancado.
Ondas de sangue de sandía anegan a cidade.
Nunca antes, tal cousa se vira.
Derradeira etapa, nesta vida fructuosa ( nunca mellor dito )
Onde antes houbo auga, agora afoga a seca.
O fresco zume da sandía, escapou por un buraco do desaugadoiro.
E foi a morrer, baixo a cidade, que me veu nacer.
O outro pouco que quedou, púxose ao sol, e con él, tamén se foi.
Agora teño por corazón, unha uva pasa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario