domingo, 29 de enero de 2012

O teatro do Amor.


Quixera que ti,
Me escribises poemas.

Quixera que
Ti o fixeses,
Mentras me ollas
Pintar.

No xardín
Da nosa casiña
De pedra
 e madeira.

E o vento,
Me leve o
pano florido
Do cabelo.

Quixera ver,
Por enriba do lenzo,

A boina,
Que unha noite
Paseando por Montparnasse,
Eu che merquei.

E ollar,
Como recitas mainiño
As verbas do vento.

Eu semello pintar,
Mais tan só é un papel.
Para poderte ver,
E amarte unha e outra vez.

Os teus beizos,
Murmuran
Verbas de amor.

E os teus ollos,
Proclaman fulgor.

Na miña pel,
Resoa o eco,
Dos agarimos instintivos
Que me concedías
Nos atardeceres,
Nas praias, de toda Galiza.


No hay comentarios:

Publicar un comentario