sábado, 7 de enero de 2012

... e a mecha prendeu.


Unha bandada de pombas.
Pasan ante os meus ollos.
desapercibidas.
Bocabaixo no chan,
Semellando durmida,
Pra que ti non me vexas.
Pombas no teito,
E pombas no chan.
Repousan nas miñas costas
facéndome cóxegas.
Pero ti, achégaste a min.
As pombas fuxen escorrentadas.
Fuxen de ti.
Véxome envolta,
Nunha nube de plumas.
Nunha nube de pólvora.
Bocabaixo no chan,
Ollando pra min.
Xa non semello durmida.
Fasme cóxegas nos beizos.
E a mecha prendeu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario