lunes, 21 de noviembre de 2011

22.00-00.00



E xa son as 22:00
Miña avoa agarda na casa

Entre leda e inqueda.
Meixelas rosadas. 

                                                                        
-Pero nena. De quen é ese paraguas?
-Dunha amiga avoa, dunha amiga
-Ah!
-É laranxa!
-Si avoa si, é laranxa.
-Que sorpresa!
 Non te esperaba tan pronto!
-Avoa… levas 2 horas agardándome…
-Perdoa, é que o laranxa do paraguas desconcéntrame.  



 Pero cóntame neniña, que fixeches hoxe?
-Pois non moito… atoparme co amor…
-Oh! E… e ía vestido de azul?
-Vestida*, si ía de azul.
-Que bonito, a miña netiña querida, por fin atopou o amor.
-Avoiña, se eu quérote, pero, as pastillas amarelas aquelas, hoxe…
Tomáchelas?

E pasan das 12:00
Miña avoa durme no leito
Entre durmida e esperta
Meixelas quentiñas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario