miércoles, 2 de noviembre de 2011

Que é o amor?

Se estás atenta
Descubrirás o que é a beleza
Se prestas atención
Saberás o que é o amor.
O amor
É un sentimento
Profundo
Albergado na alma.
Que só sae a fora
Cando a gusto se atopa.
Déixao sair
Non o reteñas.     
Foi suficiente.
Abre o teu corazón
A este mundo fermoso.
Descúbrenos
Este sentimento marabilloso
Chamado amor. 
Observa o ceo
Nunha noite estrelada.
Escoita o mar,
Cos ollos pechos.
Degusta o ambiente
Nun día de choiva.
Estes, son os pasos
Para deixar fluir o amor. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario