martes, 8 de noviembre de 2011

Incongruencia.


Paisaxe cuberto de néboa
Un mundo medorento
Xentes agochadas tra-los cristais
 por cada porta, cen pechos.
Dise que anda solto,
Mais resígnanse a crelo.
Prefiren esconder a testa
Baixo as sabas de naves espaciais.
Non é máis ca un relato de ciencia-fición
Afirman inquedos.
Mais, se non é unha realidade palpable
De que vos agochades?
A quen lle tedes medo?
Á destrucción                  
que vos mesmos provocachedes?

No hay comentarios:

Publicar un comentario