viernes, 4 de noviembre de 2011

Crónicas dunha rapaza, fuxindo do frío.

Refuxiome á calor do lume.
Preto das chamas.
Fecho a porta
E agóchome entre as sabas.
Observo a madeira cruxir
Convertíndose en cinzas.
Pronto xa non quedará nada.
As meixelas rosadas
Comezan a quecerse.
O meu nariz
Pronto virará
da branca cor da neve.
Coa manta ata as orellas.
Penso, e recordo. 
Devánome a seseira.  
Xa non queda madeira,
Todo son cinzas. 
Escabúlome deste universo
Estou no mundo
No que a dirario eu me sumerxo.
Vagamente chegan aos meus oídos
O repicar da choiva nos cristais,
O son da radio,
Fai tempo que deixei de escoitar.
O lume apagouse.
Continuo inmersa nos meus pensamentos. 
Non sinto a necesidade
De volvelo acender.
Baixo as mantas,
Unha rapaza durmida
Inmersa nunca lagoa
De dúbidas e pensamentos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario