domingo, 13 de noviembre de 2011

Unha estrela máis no ceo.


Érgome cedo.
Sabes?
Son feliz.
Abro as contras
da miña fiestra.
A lúa,
 agarda esperta.
As estrelas danzan no ceo.
Os murmurios
Continúan na noite. 
Primeiro unha perna,
Logo a outra.
Xa está.
Agora
Xa formo parte
Da fermosura da noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario