domingo, 13 de noviembre de 2011



Agora gardo no caixón
As súas camisas a cadros
Unha enriba doutra.
A púa que tanto agarimou.
O paquete de tabaco
Polo que tanto pelexamos.
O acendedor do que nunca se afastaba.
Todos e cada un
Dos  antigos vinilos que sempre escoitaba.
Agora gardo no caixón
Os bicos que cada noite me daba.
Os agarimos xa de mañá.
As apertas nas frías noites de Xaneiro.
As melodías que me adicaba
Nas noites de lúa chea,
Mentras xuntos, adorabamos o mar. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario