viernes, 4 de noviembre de 2011

Arte do Chorar.


As suas meixelas
Comezan a resecarse
Andan faltas de humidade.
Xa non recorda, 
Como chorar.
Non situa nin un lacrimal.
O seu triste ollar,
Amósame o mais sentido dos prantos,
Pola contra
Non vexo deslizar
Nin unha bágoa pola sua faz.
Os seus verdes ollos cristalinos
Semellan fermosas lagoas
A punto de estoupar.
Pobre rapaz,
Non se pode expresar.
Eu ensinareite
A arte do chorar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario