viernes, 18 de noviembre de 2011

Morte do Ermo.


As ramas
Murchan secas,
Dende os húmidos cristais.
Murchan,
E logo morren.
Caen ao chan.
Fúndense coa terra.
Esqueletos,
De xentes petrificadas.
Ósos da felicidade.
E eu, obsérvoo todo
Dende a miña ventá.
Son testigo, da fría morte.
Morte, da natureza.
Morte, do ermo.
Ela morre,
E eu, non sei que facer .

No hay comentarios:

Publicar un comentario