domingo, 13 de noviembre de 2011

Dor de gorxa.


-Dende hai uns días doéme gorxa.
-Colleríache o frío?
-Non.
-Entón?
-Colleume o amor.
-O amor?
-Sí.
-Pero iso non pode ser.
Que ten que ver
coa túa dor de gorxa?
-Colle un vaso de auga.
-Toma.
-Ves? Trago con dificultade.
Agora comprendes?
-Non.
-É o amor!
-Que?
-Son as bágoas de Ledicia,
que descenden dos meus lacrimais
 E se me atragantan na gorxa.
Dificultan a comunicación
entre o exterior,
e o meu interior.
-Henar, non che comprendo. Estás tola!
 Tes que ir a un deses homes
que se fan chamar psicólogos,
para que che traten eses desvaríos.
-Non. Ti es a que está tola!
-A ver… E según ti, por que estou tola agora?
-Pois… estás tola, por non saber do amor.
Por renegar del.
-O que ti digas, pero iso vaino mirar.
-Quérote.
-E eu. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario